Dan Dan Kokoro Hikareteku
Síntome atraído polo teu sorriso
que o meu corazón inunda
escapemos xuntos
nesta noite fría e gris
dame a man.
O día que te coñecín lembrei
imaxes que gardaba no corazón
non era máis ca un cativo
e aínda así recordoas ben.
Ven bailar,
habemos percorrer un camiño de luz
e de escuridade quereme así
fagamos esta viaxe xuntos ata a fin.
Podería mirar atrás,
mirar cara outro lado pra non sufrir máis
pero loitarei meu ben
contigo ó meu carón
ata o final.
Síntome atraído polo teu sorriso,
un recuncho de esperanza,
neste universo
buscarei sen descansar.
Pode parecer que non me importas
pero o certo é que te quero moito,
escapemos xuntos
podes confiar en min
dame a man.