O día do enterro de antón de vilachan
Foille morder ao cregho o demo do seu can,
Deulle catro dentadas debaixo da sotana
E antón de vilachan quedou sen enterrar.
E cando o demo non ten nada que facer
Vaiche sachar os nabos antes de nacer x 2
O meniño manoel ía xurar bandeira
Cedo pola mañá prendeu lume ao cuartel
Prendeu lume ao cuartel, prendeu lume á bandeira
Que demo de rapaz o meniño manoel
E cando o demo non ten nada que facer
Vaiche sachar os nabos antes de nacer x 2
Catro vellos labreghos foron a pescar
Unha fermosa serea ao medio do mar
Unha linda mociña para se namorar
Pero ningún dos catro sabía naveghar
E cando o demo non ten nada que facer
Vaiche sachar os nabos antes de nacer x 2