[Letra de "Letargo"]
Devir unha partícula luminosa nun fondo abisal
Na experiencia deste caos profundo
Topei un punto de ancoraxe
E lancei unha mirada de medo e respecto
Dende este palco de honra
Rompín a partitura, e a emoción volveu tornar en pranto
Volveu tornar en pranto
Rompín a partitura, e a emoción volveu tornar en pranto
Volveu tornar en pranto
Nunca foi o mesmo o mapa que o terreo (Nunca foi o mesmo)
Así como tampouco conquistar é coñecer
(Nunca conquistar é coñecer)
Nunca foi o mesmo o mapa que o terreo (Nunca foi o mesmo)
Así como tampouco conquistar é coñecer
(Nunca conquistar é coñecer)
Nunca foi o mesmo o mapa que o terreo
Nunca foi o mesmo o mapa que o terreo
A incógnita, un pequeno brote nun esgallo leñoso
En días sen choiva e sen sol, sen choiva e sen sol
A incógnita, un pequeno brote nun esgallo leñoso
En días sen choiva e sen sol, sen choiva e sen sol
Unha esperanza vana, pero unha esperanza polo menos
Un pequeno agarre en caída libre, pero un agarre polo menos
Unha esperanza polo menos, unha esperanza polo menos
Unha esperanza polo menos, unha esperanza polo menos
Nubes negras afogan o sol, unha faísca de vida aparece
Entre cheiro de lixo e graxa
Unha maquinaria onde danzan os ratos
Rematamos de cargala cruz para vagar en despachos
Como fuxir do desánimo sen caer no orgullo?
Un lapso de morte e un pulso de azares
O vento soprando nunha noite de xasmín
O nacemento dun can sobre cemento espido
O son do atlántico a finais de abril
As mans tendidas (Mans tendidas) nun festín para compartir
As mans tendidas (Mans tendidas) nun festín para compartir
O camiño á luz é de frío e feridas, é de frío e feridas