Lucía, Lucía,
Tés callos nos pés.
Traeme unhos chourizos
De paso que vés.
Botas no caldo
Demasiado sal,
Pero non importa,
Eu quérote igual
Carallo, Lucía
¡que fea eres de día!
Carallo, Lucía
¡has estoupar calquera día!
Eres señora
De pouca virtú:
Termas da botella
Hasta cair de cu
Enlarafouzada,
Cuspes nas maos
Para coller o pote
De darlle ós marraos
Lucía, Lucía, co carretillo a mediodía, Lucía
Turra, turra coma unha burra, Lucía, lava a roupa con lejía.
Pinta os fuciños,
Prepara unhos roxós,
Cada día máis fea,
¡hai que ver como te pos!
Como eu son un destemido
Non teño medo de ti
Pero chámante os veciños
Para espantar o xabalí