Era un rapaciño que xogaba ó balón;
-refírome ó futbol, non ó balonmao-
Non era moi grande o rapaz en cuestión,
Pero non o sei fixo (soio o vin retratao)
Lle, lle, Joao Dopao
A parte do deporte tiña outra afición,
Que era darlle ó viño en bota ou en garrafón,
Por iso os domingos, antes de xogar,
En vez dos vestuarios, il cambiábase no bar.
Co paso do tempo e co paso do alcohol
Joao foi perdendo o seu olfato de gol,
Tamén perdeu a confianza do entrenador
E só hai unhos días que perdeu o reló.