Zapatos de chiculate
tenos a miña cadela
pra leva-las ovelliñas
ás feiriñas de Nadela.
Aló ven o gaiteiro
por detrás do pinar
hastra os pinos lle axudan
á gaitiña a tocar.
Indo eu pra non sei donde
vendo eu a non sei quén,
á porta de, xa me entendes...
non me poido acordar ben.
Andivecheste alabando
polos muiños moendo,
que te casabas comigo
e iso era en eu querendo.
A rula vaise queixando,
que lle levaron o niño,
que che mandou facer rula
tanto á veira do camiño.
Algún día ben pensaches
do meu corazón ter froles.
Agora vai ós codesos,
que chos hai nos arredores.