Costureira bonita,
¿donde te-los teus vestidos?
Téñoos na hucha gardados
para poñer ós domingos.
Costureira bonita,
dime donde te-la cama.
No puleiro das galiñas
nunha presiña de pallas.
Costureira bonita
dime donde te-lo niño.
Nun carballo da Illana
no mais alto ramalliño.
Costureiriña bonita,
¿donde garda-los melindres?.
Téñoos na hucha gardados
para comer ós domingos.
O amor da costureiriña
era papel e mollouse;
agora costureiriña
o teu amor acabouse.