Queremos cantar,
quremos berrar,
coa forza da fe,
que a nosa Galicia,
aínda está de pe.
Fuxan os ventos
dos agoreiros,
dos vinculeiros,
de tempos vellos;
¡Fora lembranzas,
tepedas noites
que esfaragullan
os tempos de hoxe!
veñan os homes
rexos e fortes,
cos ollos limpos
traballadores,
que espallen xuntos
sin refolgar,
o desenrolo
do noso fogar.
Mirade pra diante
sempre sin medo
nenos e nenas
mozos e vellos
Galicia enteira
que eiquí representa
esta xuntanza de Mondoñedo
Anque choren os campos,
na sua orfandade,
morran solos os vellos
afogando as penas;
anque non sone a gaita
nas romerias,
fuxan mozos e mozas
á terra allea.
No fondo da ialma
do noso pobo,
latexa a forza dun mundo novo.
Por eso queremos cantar...
ESTRIBILLO: Fuxan os ventos...
RECITADO:
Co traballo, a xuntanza i a fé
coas escolas, leiros, prados i o mare
queimaremos penas mortas hastra o fin
o carón desta esprenza
que xa brila nesta terra: Loitaremos.
Por eso queremos cantar...
ESTRIBILLO FINAL: Fuxan os ventos...