En los jardines del rei
hai unha herba encantada
toda muller que a come
logo queda embarazada.
Mañanciñas de San Xoán
Doña Eusenda madrugara,
en los jardines del rei
comeu da herba encantada.
De alí a moi pouco tempo
le recachaba la enagua
cando iba para la misa
su padre la reparaba:
-Tú que tienes Doña Eusenda
que te recacha la enagua
o tienes el mal de aldrope
ou tu te alcontras preñada.
-Nin eu teño o mal de aldrope
nin eu me alcontro preñada
foi o mal das augas frías
bebidas na madrugada.
Chamoulle dous ciruxanos
dos máis sabidos de España
un repáralle o pulso
outro repáralle a cara,
os dous dícenlle á unha:
"Doña Eusenda está preñada".
-Que o sexa, que non o sexa
o Rei que non sepa nada
que si el Rei padre lo sabe
teño la muerte xurada.