Elas eran tres comadres
a sarandilleira
e dun barrio todas tres
sarandilla andare, sarandilla aié.
Fixeron unha merenda
para ir ó San Andrés.
Unha puxo trinta ovos
para cada unha dez.
Outra leva unha empanada
de tres codos a un través.
Outra leva un pelexiño
de dous cántaros a tres.
Aló pola media noite
veu o marido da Inés.
E dinlle todas á unha
e ti aquí ¿para que vés?
Pra facer unha merenda
ben chegamos no-las tres.